Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Lingua estranxeira francés do corpo de mestres [1]
Enviado por administrador a Mar, 07/11/2023 - 13:01Xúntase a Resolución do 7 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033)(Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.