Doutoramentos industriais 2023 [1]
Enviado por administrador a Xov, 17/08/2023 - 10:44Programa: Doutoramentos industriais 2023
Data de publicación DOG: 17 de agosto de 2023
Código do procedemento: IN606D
Prazo de presentación de solicitudes: un mes dende o día seguinte á data de publicación en DOG
Beneficiarios: empresas e centros de innovación e tecnoloxía con centro de traballo en Galicia en colaboración con universidades do SUG.
Que é o programa Doutoramentos industriais?
O programa financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía (solicitante), e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo máximo de 3 anos.
Tipo e intensidade da axuda
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: subvención
-
Orzamento total: 1.890.000 €
-
Alcance previsto: 15 teses de doutoramento na contorna empresarial, 12 realizadas en empresas e 3 en centros de innovación e tecnoloxía
Documentación e ligazóns
File: