Os centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 85 aulas de emprendemento e 42 espazos de tecnoloxía aplicada [1]
As iniciativas, cun investimento total de máis de 1,2M€, entroncan directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia
O obxectivo destes programas é mellorar as perspectivas laborais dos estudantes de ciclos formativos
Os centros de FP galegos van contar o vindeiro curso cun total de 85 aulas de emprendemento [2] e 42 espazos de tecnoloxía aplicada [3]. O obxectivo da Xunta de Galicia é mellorar as perspectivas laborais dos estudantes, fomentando o emprendemento e facilitándolles entrar en contacto con elementos e ferramentas tecnolóxicas que se empregan nas empresas.
Cun investimento de máis de 1,2M€, ambas iniciativas entroncan cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia, as follas de ruta do Goberno galego para continuar consolidando estas ensinanzas ao longo da década.
Canalizar as iniciativas emprendedoras
No caso das aulas de emprendemento, cada unha delas (tanto as novas como as 60 que xa estaban en funcionamento) reciben unha achega da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de 5.000€. Son un total de 25 as que se incorporan para o vindeiro curso en concreto as reflectidas na seguinte táboa:
Provincia |
Concello |
Centro educativo |
Coruña, A |
Arzúa |
IES de Arzúa |
Coruña, A |
Betanzos |
IES As Mariñas |
Coruña, A |
Cee |
IES Fernando Blanco |
Coruña, A |
Coruña, A |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
Coruña, A |
Coruña, A |
IES Agra do Orzán |
Coruña, A |
Coruña, A |
IES A Sardiñeira |
Coruña, A |
Coruña, A |
IES Ramón Menéndez Pidal |
Coruña, A |
Curtis |
IES de Curtis |
Coruña, A |
Padrón |
IES Macías o Namorado |
Coruña, A |
Santiago de Compostela |
IES Lamas de Abade |
Coruña, A |
Santiago de Compostela |
IES A Pontepedriña |
Coruña, A |
Ribeira |
IES Leliadoura |
Coruña, A |
Fene |
IES de Fene |
Lugo |
Burela |
IES Monte Castelo |
Lugo |
Lugo |
IES Muralla Romana |
Lugo |
Lugo |
IES Sanxillao |
Ourense |
Carballiño, O |
IES Manuel Chamoso Lamas |
Pontevedra |
Cangas |
IES de Rodeira |
Pontevedra |
Cañiza, A |
IES da Cañiza |
Pontevedra |
Marín |
IES Chan do Monte |
Pontevedra |
Nigrán |
IES Escolas Proval |
Pontevedra |
Ponteareas |
IES Plurilingüe Pedra da Auga |
Pontevedra |
Tui |
IES Indalecio Pérez Tizón |
Pontevedra |
Vigo |
IES Ricardo Mella |
Pontevedra |
Vigo |
IES A Guía |
A través deste programa, desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.
Ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup, xunto co asesoramento e axuda necesarios para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa do programa Eduemprende.
Desenvólvense actividades formativas focalizadas no desenvolvemento das habilidades e competencias que o alumnado debe adquirir para ter un enfoque emprendedor: habilidades persoais, sociais, de relación, de comunicación, de definición de produto, de desenvolvemento de prototipos ou de propostas.
Simulación das contornas laborais
A través do programa de espazos de tecnoloxía aplicada, dótase aos centros de FP de ferramentas e elementos que simulan as contornas laborais, nas que se poden empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos apoiados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais.
Para o vindeiro curso incorpóranse un total de 15 centros a esta iniciativa, os reflectidos na seguinte táboa, que se suman aos 27 que xa desenvolvían o programa:
Provincia |
Concello |
Centro educativo |
Espazo de tecnoloxía aplicada |
Coruña, A |
Arzúa |
IES de Arzúa |
Aula tecnolóxica forestal |
Coruña, A |
Coruña, A |
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto |
Espazo EduLab: aprendizaxe 4.0 |
Coruña, A |
Coruña, A |
CIFP Someso |
Hidro Dixital Wellness |
Coruña, A |
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
Aula 5.0 para automatización, deseño e implementación de dixital twin e cobot |
Coruña, A |
Santiago de Compostela |
CIFP Compostela |
Aula de Panadaría – Pastelaría Advance |
Coruña, A |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
Laboratorio de ensaio de materiais |
Lugo |
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Shared Smarkt Classroom |
Lugo |
Lugo |
CIFP Politécnico de Lugo |
Dixitalización dunha RUMED na aula |
Lugo |
Viveiro |
IES María Sarmiento |
Espazo de tecnoloxía aplicada en soldadura |
Ourense |
Carballiño, O |
IES Manuel Chamoso Lamas |
Aula de procesos automatizados |
Ourense |
Vilamarín |
CIFP de Vilamarín |
Aula tecnolóxica multisensorial |
Pontevedra |
Ponteareas |
CIFP A Granxa |
Aula tecnolóxica de análise e procesado de produtos saudables e eco-sostibles |
Pontevedra |
Pontevedra |
CIFP Montecelo |
Aula tecnolóxica Premium |
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
Aula da electromobilidade |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
CIFP Fontecarmoa |
Entorno virtual para electricidade |
Cada centro recibirá unha achega de 55.000€ que poderá ser destinada á adaptación dos espazos e á adquisición de equipamentos tecnolóxicos propios de distintos sectores produtivos.