FSE+ Galicia 21-27 - Programas de Diversificación Curricular (PDC) [1]
Enviado por administrador a Ven, 12/05/2023 - 10:58Os programas de diversificación curricular e os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento están cofinanciados polo Programa FSE+ Galicia 21-27 no marco do Obxectivo Político 4.- Unha Europa máis social mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos sociais.
Estas actuacións, dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, teñen por obxecto a redución do abandono escolar temperá. A posta en marcha destes programas contribúe significativamente a que un maior número de alumnas e alumnos finalicen con éxito esta etapa educativa, o que lles permitirá continuar os seus estudos e facilitará a súa futura incorporación ao mercado laboral.
En definitiva, a finalidade principal dos programas é a mellora do éxito escolar contribuíndo a que a mocidade permaneza no sistema educativo despois de finalizar a educación obrigatoria. Trátase, polo tanto, dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá na Comunidade Autónoma de Galicia, que permitirá acadar o obxectivo fixado para 2030 pola Comisión Europea dunha taxa inferior ao 9%.
Os programas de diversificación curricular e de mellora da aprendizaxe e do rendemento encádranse na medida 3.f.02.- Programas de diversificación curricular, de atención á diversidade e garantía da equidade educativa, no obxectivo específico ESO4.6.- Promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade, na Prioridade 3.- Educación e formación, do Programa FSE+ Galicia 21-27.
A taxa de cofinanciamento do FSE+ Galicia 21-27 é do 60%. Esta achega contribúe a financiar os custos laborais do profesorado que intervén nos programas e os custos indirectos derivados da súa realización.
Normativa
Documentos de programación e xestión
Operacións seleccionadas
-
PDC-PMAR 2022-2023
-
PDC 2023-2024
-
Autorización previa [12]
-
Ficha descritiva [13]
-
Custos simplificados [14]
-
-
PDC 2024-2025
-
Autorización previa [17]
-
Ficha descritiva [18]
-
Custos simplificados [19]
-
Gastos de funcionamento
Información e comunicación
-
Cartel informativo [25] 2022-2023
-
Logotipo UE [26] 2022-2023
-
Cartel informativo [27] 2023-2024
-
Logotipo UE [28] 2023-2024
Obrigas en materia de difusión e publicidade:
-
Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado participante sobre o cofinanciamento das horas lectivas das materias incluídas dos programas de diversificación curricular de 3º e 4º da ESO, nos centros que foron seleccionados na operación.
-
Poñer no taboleiro de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE+ segundo o modelo que se axunta no enlace anterior
-
Na documentación e nos materiais de comunicación relacionados coa execución destes programas destinados ao público e aos participantes, incluirase unha mención que destaque a axuda da Unión de maneira visible. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa FSE+ Galicia 21-27.
Enlaces de interese:
-
La Dirección General de Empleo, Asuntos Sociales e Igualdad de Oportunidades de la Comisión Europea [31]
-
La Unidad Administradora del FSE (UAFSE, Ministerio de Empleo y Seguridad Social) [32]
-
Fondo Social Europeo [33]
-
Comisión Europea [34]