Resolución da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente aos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos [1]
Enviado por administrador a Mar, 25/04/2023 - 13:32Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente aos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).
O persoal interesado poderá presentar reclamación á resolución provisional obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o trámite “alegacións” activado para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos,
Presentarase unha única reclamación por cada especialidade na que se desexe reclamar acompañada do modelo normalizado de reclamación. (premer aquí para consultalo [2])
No caso de que se presenten varias reclamacións a distintas especialidades abondará con achegar unha soa vez a documentación xustificativa.
Para os efectos de formular a correspondente reclamación contra a puntuación provisional outorgada deberá procederse do seguinte xeito:
Nota: Cómpre revisar previamente e detidamente:
a) as puntuacións provisorias outorgadas que se reflicten no anexo integrante da resolución pola que se aproba e publica a baremación provisional no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/ [3]
b) así como o documento que recompila a casuística da non baremación (premer aquí para consultalo) [4]
1.- Unha vez feita esta comprobación, Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/ [5]
2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, a última solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade na que desexa reclamar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar o corpo e especialidade ao que desexa reclamar.
3.- Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER?" Premer no trámite de “Alegacións” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade desexada.
4.- A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación (pdf modelo normalizado de reclamación e documentación xustificativa), asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da reclamación, poden dirixila ao servizo 012 [6]. Para obter máis información ao respecto prema aquí [7].
Non se admitirá ningunha reclamación que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Alegacións” na correspondente solicitude de participación do procedemento ED001B.