Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2023 [1]
Enviado por administrador a Lun, 13/02/2023 - 10:52Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
Os prazos de matrícula serán:
- Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información [2]
File: