Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans" [1]
Enviado por boletin a Ven, 20/01/2023 - 10:01A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) pon en marcha a sexta edición do seu Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans", co obxectivo de dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música.
A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensinanza.
A través desta ligazón [2] pódese acceder a toda a información, formulario de inscrición e outros documentos relevantes.
Prazo de presentación das obras: 13 de abril de 2023 ás 12.00 horas.
File:
Tema:
Sección: