Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 dalgunhas especialidades do corpo de mestres

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 dalgunhas especialidades do corpo de mestres [1]

Enviado por administrador a Mér, 18/01/2023 - 15:07
Gallego

Xúntase a Resolución do 17 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ás especialidades de Lingua estranxeira inglés (597032), Lingua estranxeira francés (597033), Educación física (597034), Música (597035), Pedagoxía terapéutica (597036) e Audición e linguaxe (597037) do corpo de mestres.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]),  do seguinte xeito:

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente.

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. 

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/ [3]

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 dalgunhas especialidades do corpo de mestres [4]

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións [5]
Programas e plans [6]
Interinidades e substitucións [7]
Educación infantil [8]
Educación primaria [9]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [10]
Profesorado [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38923

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38923
[2] https://sede.xunta.gal/
[3] https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38720
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/17
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/197
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado