Publicación da composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelán nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 28 de febreiro de 2022 [1]
Enviado por administrador a Lun, 02/05/2022 - 16:10Xúntanse as Resolucións de 2 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A).