Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de catedráticos (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) [1]
Enviado por administrador a Xov, 25/11/2021 - 14:47Xúntase a Resolución do 25 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417) e de frauta de bico (594411) e no corpo catedráticos de música e de artes escénicas, especialidade de guitarra (593035),
As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]).
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.