Xesús Vázquez Abad visita os IES Fraga do Eume e Breamo, ambos en Pontedeume, A Coruña [1]
Con estas visitas o conselleiro continúa a comprobar de primeira man a situación dos centros educativos

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo visitando durante a xornada de hoxe centros educativos en Pontedeume, Ferrol, comprobando de primeira man as instalacións dos IES Fragas do Eume e Breamo.
En ambas visitas o conselleiro estivo acompañado polos respectivos equipos directivos, así como pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo e o xefe territorial de Educación na provincia, Indalecio Cabana.
Así a xornada comezou cun percorrido polo IES Fraga do Eume, xunto a súa directora, Beatriz Pedrades Fernández, onde comprobou as instalacións nas que se imparten clases a 25 estudantes de bacharelato, 145 de ciclos formativos de cociña e gastronomía; dirección de cociña; panadaría, repostaría e confeitería, así como de servizos de restauración. Ademais hai 121 alumnas e alumnos de ESO e 64 de programas de cualificación inicial e en réxime de adultos.
Cómpre sinalar que o centro, integrante do Plan Abalar, conta con dúas aulas dixitais, o que significou un investimento de preto de 50.000 euros, e tamén está incluído no Plan de Mellora de Bibliotecas, un departamento no que se levan investidos preto de 20.000 euros. Ademais nos últimos anos realizáronse diversos labores de mellora como a eliminación de humidades así como a renovación da fontanaría por valor de máis de corenta e seis mil euros.
IES Breamo
Xa pola tarde o conselleiro, xunto á delegada da Xunta e o xefe territorial, visitou o IES Breamo acompañados polo director do mesmo, Miguel Wenceslao Rodríguez, e o equipo do centro. Todos eles percorreron as instalacións nas que nos últimos meses se investiron máis de 10.000 euros en diversas obras entre as que se inclúen o peche exterior do centro educativo.
O instituto conta con 312 estudantes e tamén pertence ao plan Abalar, contando con dúas aulas, o que neste centro supuxo un investimento de preto de corenta mil euros en instalación e material.
Durante ambas as visitas Vázquez Abad estivo a recordar aos directores e equipos directivos que ao realizar estes percorridos continúase a comprobar de primeira man a situacións dos centros educativos e as súas necesidades. Así recordoulles que a Consellería traballa a prol da calidade educativa, unha calidade que, tal e como destacou, é posible grazas á profesionalidade do conxunto dos docentes do ensino público galego, sen os cales non sería posible formar dun xeito adecuado as vindeiras xeracións.