Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Xunta convoca as axudas complementarias do programa Erasmus+ para o alumnado de ensinanzas artísticas

A Xunta convoca as axudas complementarias do programa Erasmus+ para o alumnado de ensinanzas artísticas [1]

A contía mensual oscilará entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino

Gallego

A Xunta de Galicia destina un orzamento de 40.000€ ás axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+ para o alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participa neste programa de mobilidade no curso 2020/2021. O Diario Oficial de Galicia [2] publica hoxe esta convocatoria, da que se poden beneficiar todos os estudantes galegos que tivesen dereito este curso ás axudas europeas. No curso 2019/2020 beneficiáronse delas un total de 38 estudantes.

A duración das axudas e a súa contía mantense, de forma que os beneficiados percibirán bolsas que oscilan entre os 125 e os 195 euros/mes (que se suman ás axudas europeas), en función do país de destino, durante a estadía que pode durar entre os dous e os nove meses. En concreto, o importe será de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Islandia, Irlanda, Luxemburgo, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein e Noruega), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Austria, Bélxica, Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Países Baixos, Malta e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (Bulgaria, Croacia, República Checa, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, República de Macedonia do Norte e Turquía).

Unha vez distribuída pola Comisión Avaliadora a contía uniforme en función dos grupos de países o orzamento restante dispoñible, se o houber, adxudicarase entre os solicitantes que posúan unha maior media no seu expediente académico e asignaráselles unha contía uniforme de 500 euros ata esgotar o orzamento.

O obxectivo desta convocatoria é facilitar a mobilidade do alumnado das ensinanzas artísticas, promovendo que adquiran experiencias formativas enriquecedoras en países diferentes do de orixe.

Prazo de solicitudes

A solicitude da axuda deberá realizarse obrigatoriamente por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta [3], incluído o sistema de usuario e clave Chave365 [4]. O prazo para tramitalas estará aberto ata o 7 de xuño.

Para solicitar a bolsa o estudante deberá estar matriculado no curso 2020/2021 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores de Galicia e ser beneficiario dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade neste mesmo ano académico xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación. Non poderán optar á axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e máis o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

Información xeral [5]
Bolsas [6]
Erasmus [7]
Ensinanzas de réxime especial [8]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33906

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33906
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210506/AnuncioG0598-260421-0001_gl.html
[3] https://sede.xunta.gal/
[4] https://sede.xunta.gal/chave365
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/238
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/288
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206