Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Día Mundial de Internet, participa nas actividades escolares do #diadeinternet

Día Mundial de Internet, participa nas actividades escolares do #diadeinternet [1]

Enviado por administrador a Ven, 16/04/2021 - 12:11
Gallego

Como cada ano, o 17 de maio celébrase o #diadeinternet, un proxecto de dinamización social para promover e fomentar o bo uso de Internet e mellorar a nosa sociedade co uso das novas tecnoloxías. Unha das actividades principais de cada edición son as actividades e concursos dirixidos a estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Profesores. Estas actividades están destinadas a promover e dar a coñecer as vantaxes do uso das novas tecnoloxías no campo da educación. Na situación na que nos atopamos, Internet converteuse na ferramenta que nos axuda a continuar coa nosa vida o máis normal posible. Por este motivo, este ano a celebración de #diadeinternet e a participación da comunidade educativa cobran un significado máis especial. Ademais, os estudantes gañadores de cada categoría e o seu profesor recibirán unha tableta de última xeración. Participa: www.diadeinternet.org/colegios [2]

Datas

- 15 de marzo: ábrese o prazo para presentar traballos.
- 10 de maio: último día para presentar traballos.
- 17 de maio: os gañadores anúncianse no Acto central do #diadeinternet.
 
O prazo para enviar imaxes no Concurso de fotografía remata o 23 de maio.

  • Máis información [3]
Premios nacionais [4]
Ensinanzas de réxime xeral [5]
Outras entidades [6]
Entidades nacionais [7]
Profesorado [8]
Alumnado [9]
Centros [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33655

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33655
[2] http://www.diadeinternet.org/colegios
[3] https://www.diadeinternet.org/2021/index.php?page=new_participa_colegios
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/625
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/235
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/405
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros