Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música [1]

Enviado por administrador a Mar, 02/02/2021 - 15:27
Gallego

Xúntase a Resolución do 02 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música (597035).

O prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional é de cinco (5) días hábiles e comeza mañá, mércores día 03 de febreiro e remata o martes día 09 de febreiro de 2021. As reclamacións deberán formularse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base terceira da Resolución do 02 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Música (597035).

Non se admitirán as reclamacións formuladas por correo electrónico.

Para realizar reclamacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional desde a sede electrónica da Xunta de Galicia deberá acceder a seguinte ligazón aquí. [2]

Logo de acceder a ligazón os pasos a seguir son:

1º Premer no botón Tramitar en liña

2º Identificarse co seu usuario e contrasinal

3º Cubrir a solicitude xenérica do seguinte xeito nos campos:

  • Asunto Relacionado debe engadir: Alegacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional do corpo de mestres, especialidade de Música (597035)

  • Código de Procedemento debe engadir: 597035

  • Destinatario: Consellería de Cultura, Educación e Universidade

    Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos

4º No seguinte paso deberá anexar a documentación que presente para emendar a súa solicitude ou formular a reclamación

5º Finalmente deberá asinar e presentar no rexistro electrónico e obter o recibo xustificativo da súa presentación.

 

As persoas interesadas poderán consultar a admisión á lista e o seu baremo provisional no enderezo web: www.edu.xunta.gal/substitutoslistas [3]

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestres/as (597) [4]

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións [5]
Interinidades e substitucións [6]
Educación infantil [7]
Educación primaria [8]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [9]
Profesorado [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33096

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33096
[2] https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica
[3] http://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31430
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/17
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/197
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado