Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Xunta licita por 250.000 € a mellora das instalacións do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra

A Xunta licita por 250.000 € a mellora das instalacións do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra [1]

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que terán un prazo de execución de dous meses

Gallego

A Xunta de Galicia vai investir algo máis de 250.000 euros nas obras de mellora enerxética e funcional do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, o que incidirá nunha mellor ventilación neste centro de acordo co protocolo covid.

A través do portal Contratos de Galicia [2], a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a licitación desta obra de forma conxunta xunto coas do CEIP de Curtis e do CEIP Primeiro de Marzo (Baiona), todas elas cun prazo de execución de dous meses e un investimento que acada os preto de 800.000 euros entre as tres actuacións.

Cun orzamento de licitación de 250.325,28 euros, as obras a acometer no IES Torrente Ballester consisten na renovación das carpinterías exteriores do instituto por outras novas con apertura oscilobatente que contribuirán á mellora da ventilación das aulas.

Mellora de infraestruturas e equipamento

Esta obra enmárcase no obxectivo do Goberno galego de mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas, e para o cal o departamento educativo do Goberno autonómico ten programado obras por un importe de máis de 51 M€ en centros de toda Galicia.

Así, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplan tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM) e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación...), entre outras.

 

Construcións e melloras [3]
Educación secundaria obrigatoria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32845

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32845
[2] https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=801158&lang=gl
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/240
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros