Publicación das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Lingua estranxeira francés (597033) [1]
Enviado por administrador a Xov, 19/11/2020 - 12:44Xúntase a Resolución do 18 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de lingua estranxeira francés (597033).
As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, no prazo comprendido entre o venres día 20 de novembro ata o martes día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.