Educación asegura a permanencia de máis de 1.900 especialista en pedagoxía terapeútica e en audición e linguaxe nos centros galegos [1]
A Consellería mantén o mesmo número de docentes especialistas que o curso pasado a pesares da situación económica
A reorganización horaria permitira a estes profesionais contar con máis horas de atención para o alumnado con necesidades educativas especiais
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria asegura que o curso escolar 2011-2012 haberá máis de 1.900 especialistas en pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL). Unha cifra que confirma que, a pesares da grave crise económica, os centros educativos galegos manterán o mesmo número de especialista que o curso pasado.
Deste xeito a Consellería demostra que continúa coa súa aposta pola calidade e os alumnos con necesidades educativas especiais contarán co mesmo número de docentes que o curso pasado. E mesmo cómpre recordar que grazas a reorganización do horario lectivo dos docentes os especialistas disporán de máis horas destinadas unicamente a atención dos estudantes que precisen da súa atención.
Máis horas de atención
Neste punto, a Consellería recorda que a reorganización beneficia a todo o colectivo escolar, xa que permitira que os mestres conten con 60.000 horas semanais máis para atender aos estudantes.
A reorganización horaria permitira que cada un dos 1.900 PT e AL teñan catro horas lectivas máis á semana, para atender ao alumnado con distintas necesidades educativas especiais, derivadas de discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais ou trastornos graves de conduta.
Cómpre recordar que a reorganización horaria permitirá que cada centro conte cun marxe de tempo superior ao que tiñan ata o de agora para incrementar a atención á diversidade. Así será, por exemplo, máis sinxelo detectar e atender a alumnas e alumnos con altas capacidades intelectuais; ao alumnado que teña unha incorporación tardía ao sistema educativo, sexa porque procede de outros países ou por calquera outro motivo); e tamén ás nenas e nenos con necesidades específicas de apoio debido ás súas condicións persoais (saúde, pertenza a grupos sociais ou minorías étnicas; ou situacións socioculturais desfavorables, entre outros).