O curso escolar na ESO, bacharelato e formación profesional arrinca con total normalidade nas catro provincias galegas [1]
Máis de 165.000 estudantes destas etapas educativas e de estudos artísticos comezaron as clases nas catro provincias galegas
Desde hoxe xa están en funcionamento os preto de 1.500 centros educativos galegos
O curso escolar comezou con total normalidade nas catro provincias galegas, nas que máis de 165.000 alumnas e alumnos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e outros estudos volveron ás aulas.
Deste xeito xa están a funcionar os preto de mil cincocentos centros, dos que 466 abriron hoxe as súas portas con total normalidade e engadíronse aos que xa estaban a impartir as clases aos estudantes de infantil e primaria.
Total normalidade
Así pois cómpre destacar a normalidade no comezo do curso 2011-2012 en todas as etapas educativas, sendo un dos máis tranquilos dos últimos anos. De feito só na provincia da Coruña uns poucos dos 466 centros galegos solicitaron o retraso, ao día 19, do comezo das clases por diversos motivos.