Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Xunta abrirá o 1 de xuño a inscrición na OPE docente como opción máis segura para manter a actual convocatoria de prazas

A Xunta abrirá o 1 de xuño a inscrición na OPE docente como opción máis segura para manter a actual convocatoria de prazas [1]

Educación e organizacións sindicais coinciden en que a interpretación feita polo Ministerio non achega ningunha garantía xurídica para facer a acumulación de prazas das Ofertas Públicas de Emprego de 2020 e 2021

Gallego

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, José Manuel Pinal, informou hoxe aos sindicatos na mesa sectorial do ensino non universitario de que a opción máis segura para garantir a totalidade das prazas da Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2020 é manter a convocatoria actual e abrir a inscrición o vindeiro 1 de xuño.

No referido á posibilidade de acumular as prazas das OPEs de 2020 e 2021, o Ministerio de Educación remitiu hoxe mesmo unha explicación da modificación do Real Decreto 276/2007, de Ingreso Docentes da que, tanto a Xunta como as forzas sindicais coinciden en que non achega ningunha garantía xurídica. Na explicación apúntase que a proposta de modificación do proxecto de real decreto en tramitación feita pola Consellería non sería suficiente para acumular as prazas das ofertas de 2020 e 2021 “pois precisa cobertura de rango legal na lei de presupostos para o vindeiro exercicio, algo que non está nas facultades deste Ministerio poder aseguralo senón no Goberno e as Cortes Xerais”.

Ante esta situación, a Consellería seguirá adiante co proceso, agás que os servizos xurídicos do departamento educativo dean algunha alternativa con garantía total para acumular as prazas. En todo caso, tanto a Xunta como as organizacións sindicais coinciden en que obxectivo prioritario é o mantemento das máis de 3.600 prazas e para iso é imprescindible abrir a inscrición o vindeiro 1 de xuño.

Prórroga das direccións

Por outra banda na mesa sectorial de hoxe tratouse a prórroga dos nomeamentos da dirección dos centros docentes públicos. Dada a situación derivada da covid-19, óptase por prorrogar por un ano, ata o 30 de xuño de 2021, o nomeamento das direccións dos centros docentes públicos nos que procedía a convocatoria de concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección con efectividade do 1 de xullo de 2020.

En calquera caso, as xefaturas territoriais da Consellería nas provincias aceptarán a renuncia á prórroga cando a persoa interesada alegue a obtención dun destino definitivo, con efectividade do 1 de setembro de 2020, e poderán tamén aceptala cando se basee noutras causas que se consideren xustificadas.

Oposicións [2]
Ensinanzas de réxime xeral [3]
Ensinanzas de réxime especial [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [6]
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial [7]
Profesorado [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31108

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31108
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/198
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/51
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado