Resolución definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores de Educación para o 2020 [1]
Enviado por administrador a Ven, 08/05/2020 - 02:00Xúntase a Resolución do 20 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 21 de outubro).
Nota sobre o prazo de interposición de recursos contra a dita resolución: tal e como se establece no seu resolvo sétimo e segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus, o prazo para a presentación dos recursos iniciarase, se fose o caso, no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.