Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Carmen Pomar reúnese cos directores de centros educativos da provincia da Coruña

Carmen Pomar reúnese cos directores de centros educativos da provincia da Coruña [1]

Gallego
reunión coas persoas directoras dos centros educativos da provincia da Coruña

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do seu equipo directivo, reuniuse esta mañá coas persoas directoras dos centros educativos da provincia da Coruña, co obxectivo de analizar o transcurso do actual curso escolar. Ademais, déuselles resposta ás dubidas arredor da xestión do coronavirus.

Neste senso, explicóuselle aos directores que desde a Consellería se están seguindo estritamente as pautas marcadas polas autoridades sanitarias; e que toda a información é pública e accesible tanto no Portal da Dirección coma no Portal das Familias do web de Educación  (http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus [2]).

A xuntanza forma parte da ronda de reunións que se está levando a cabo nas catro provincias co fin de manter informadas ás direccións dos centros sobre o actual curso e sobre as novas convocatorias de cara ao próximo curso, así como para que teñan a oportunidade de resolver todas as dúbidas que consideren.

Directores/as [3]
Ensinanzas de réxime xeral [4]
Ensinanzas de réxime especial [5]
Educación de persoas adultas [6]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [7]
Profesorado [8]
Centros [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30518

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30518
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/391
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros