Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Carmen Pomar participa nun taller interactivo sobre os estereotipos de xénero que organiza o CEIP Paradai (Lugo) con motivo do Día da Muller

Carmen Pomar participa nun taller interactivo sobre os estereotipos de xénero que organiza o CEIP Paradai (Lugo) con motivo do Día da Muller [1]

A conselleira de Educación compartiu actividade coa actriz Benedita Sánchez, e cun elenco de mulleres profesionais vinculadas a distintos eidos profesionais historicamente masculinos

Gallego
Carmen Pomar participa nun taller interactivo sobre os estereotipos de xénero que organiza o CEIP Paradai (Lugo) con motivo do Día da Muller

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá nos actos programados polo CEIP Paradai (Lugo) para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Nun taller interactivo co alumnado, Pomar explicou a súa experiencia persoal e profesional desde o cargo que ocupa así como desde a súa traxectoria académica e laboral previa, nun taller interactivo co alumnado do centro enfocado a poñer en valor referentes femininos de distintos campos.

A conselleira compartiu actividade no grupo dirixido ás rapazas e rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, no que tamén participaron a actriz Benedicta Sánchez; a subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez; a campiona paraolímpica de atletismo Adiatarou Iglesias; e Irene Cortiñas, a segunda muller de étnia xitana en acadar unha carreira universitaria.

No grupo dirixido a alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria participaron Silvia Ribeira (policía), Tania Fente (árbitra de fútbol), Yolanda Álvarez (arqueóloga) e Mercedes Álvarez (mecánica).

Cómpre salientar que ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital (Edudixital) 2020, a Consellería de Educación ten en marcha unha serie de programas que teñen como obxectivo fomentar as competencias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado e, en particular, entre as rapazas, e rachar así coma fenda de xénero que se da nas vocacións tecnolóxicas. Neste ámbito englóbanse iniciativas coma  programas como a implantación do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach), os Club de Ciencia; a introdución da Robótica en Primaria e ESO ou a Semana STEM.

Información xeral [2]
Ensinanzas de réxime xeral [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]
Profesorado [5]
Alumnado [6]
Centros [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30469

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30469
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros