Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Carmen Pomar visita a EOI da Coruña, na que arredor de 4.500 persoas cursan estudos de dez linguas distintas

Carmen Pomar visita a EOI da Coruña, na que arredor de 4.500 persoas cursan estudos de dez linguas distintas [1]

Gallego
Carmen Pomar visita a EOI da Coruña, na que arredor de 4.500 persoas cursan estudos de dez linguas distintas

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta tarde a Escola Oficial de Idiomas da Coruña, onde cursan estudos arredor de 4.400 alumnas e alumnos en dez linguas distintas, que son alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

Carmen Pomar coñeceu de primeira man os proxectos educativos deste centro, que participa nos programas Club de Lectura e Voluntariado de Bibliotecas. Trátase de dúas iniciativas enmarcadas no Plan Lía de Bibliotecas Escolares impulsada pola Consellería de Educación, a través das cales se traballa desde a biblioteca do centro como espazo para a dinamización da lectura, o fomento da convivencia, a inclusión e a solidariedade entre o conxunto da comunidade educativa.

Así mesmo, este centro está a desenvolver un proxecto de mobilidade do profesorado Eramus+ K1-104, de mediación e actualización en linguas estranxeiras (MEDAL), e dispón dun plan de formación permanente do profesorado sobre Mediación a través do teatro.

Cómpre destacar tamén que a EOI da Coruña conta con seis auxiliares de conversa, 2 en inglés e os outros en alemán, en chinés, en francés e en ruso.

A EOI da Coruña dispón ademais de cinco seccións que dependen dela (as de Arteixo, Carballo, Cee, Culleredo e Melide) que suman outros 1.200 alumnos matriculados.

Información xeral [2]
Ensinanzas de idiomas de réxime especial [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]
Centros [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30343

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30343
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/211
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros