Resolución do 28 de xaneiro de 2020 de avaliación da fase de estadía das axudas posdoutorais, modalidade A, da convocatoria de 2017 [1]
Enviado por administrador a Mér, 29/01/2020 - 09:14Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que se informa favorablemente a fase de estadía de Alejandra Lago Cameselle, segundo o disposto na Orde conxunta da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria.