Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Comisión Escolar de Alertas mantén para mañá, venres 15, a suspensión da actividade lectiva nos centros da montaña de Lugo

A Comisión Escolar de Alertas mantén para mañá, venres 15, a suspensión da actividade lectiva nos centros da montaña de Lugo [1]

Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa nestas zonas, con espesores de neve superiores a 20 centímetros

Gallego

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de manter para mañá, venres 15 de novembro, a suspensión da actividade lectiva na zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnas e alumnos de 15 centros .Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf [2]  ).

 

 

Información xeral [3]
Ensinanzas de réxime xeral [4]
Ensinanzas de réxime especial [5]
Educación de persoas adultas [6]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [7]
Profesorado [8]
Alumnado [9]
Familias [10]
Centros [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29553

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29553
[2] http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros