Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Educación concede os premios extraordinarios de ESO a 20 estudantes que destacan polo seu rendemento académico

Educación concede os premios extraordinarios de ESO a 20 estudantes que destacan polo seu rendemento académico [1]

A Consellería de Educación convoca cada ano estes galardóns que teñen como obxectivo valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou educación secundaria obrigatoria en Galicia cun excelente aproveitamento

Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico correspondente ao curso 2018-19, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia [2].

Estes galardóns, instaurados con carácter anual, teñen como finalidade valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou ESO no sistema educativo galego cun excelente aproveitamento académico.

En total outorgáronse 20 premios extraordinarios para o alumnado que finalizou os seus estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Todos os premiados obtiveron unha media das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9, e deles, o 45 por cento obtivo unha nota media de entre 9,75 e 10; o 50 por cento de entre 9,25 e 9,75; e o 5 por cento restante de entre 9 e 9,25.

Cada premio está dotado cunha contía de 750€ e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.

Alumnos premiados

Nesta edición na provincia da Coruña resultaron galardoados 8 alumnos, que son Rosalía Soto Rey do IES Antonio Fraguas Fraguas (Santiago de Compostela); Carmen González Fernández do IES Fraga do Eume (Pontedeume); Leopoldo Fernández Sánchez, Cristina Lamela Vázquez e Mario Freire Arias do CPR Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela); Pedro Vidal Villalba do CPR Tirso de Molina (Ferrol);  Noelia Penabad Garrote do CPR Ayala (Narón); e Mariña Tuñas Carballo do IES As Ínsuas (Muros).

Na provincia de Ourense os premiados foron Adrián Vázquez Velasco do IES Ramón Otero Pedrayo e Luis Martínez García do IES O Couto, ambos centros na cidade de Ourense. 

E na provincia de Pontevedra os 10 premios recaeron en Ariadna Lorenzo Poncela e Lucía Cuíña Moreira do IES Sánchez Cantón (Pontevedra); Ibai Otero Gómez do IES Francisco Asorey (Cambados); Claudia Gómez Lomba do IES A Sangriña (A Guarda); Pedro Rodríguez Viñas do CPR Plurilingüe Mariano (Vigo); Xavier Graña Lobeira do IES Illa de Ons (Bueu); Andrea Ferrer Muñiz do IES de Poio; Celtia Castelo Gajino do CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra); Emilia Alario Pastoriza do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); e Noa Comesaña González do IES de Beade (Vigo).

Premios autonómicos [3]
Educación secundaria obrigatoria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Servizo de Avaliación do Sistema Educativo [6]
Alumnado [7]
Familias [8]
Centros [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29530

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29530
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191113/AnuncioG0534-051119-0001_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/360
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/48
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros