Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Educación concede os premios extraordinarios de bacharelato 2018/19 a 20 alumnas e alumnos que remataron a etapa nese curso

Educación concede os premios extraordinarios de bacharelato 2018/19 a 20 alumnas e alumnos que remataron a etapa nese curso [1]

A Consellería publica hoxe no DOG o listado dos galardoados, 13 mulleres e 7 homes

Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 a 20 alumnas e alumnos, que recibirán un diploma acreditativo e un premio económico de 1.000 euros. A listaxe de galardoados (13 mulleres e 7 homes) pode consultarse no Diario Oficial de Galicia [2] de hoxe.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

A maiores tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e ou literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvolvéronse temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade cursada polo alumnado.

Premios autonómicos [3]
Bacharelato [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Servizo de Avaliación do Sistema Educativo [6]
Alumnado [7]
Centros [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28636

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28636
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190905/AnuncioG0534-020919-0001_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/360
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/48
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros