Relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ao corpo de PES, técnicos de formación profesional, EOIs, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019 [1]
Enviado por administrador a Ven, 23/08/2019 - 09:56Xúntase a Orde do 31 de xullo de 2019 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).