Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Sete centros educativos galegos son recoñecidos co Selo de Vida Saudable do Ministerio de Educación e Formación Profesional

Sete centros educativos galegos son recoñecidos co Selo de Vida Saudable do Ministerio de Educación e Formación Profesional [1]

Gallego

Un total de sete centros educativos galegos veñen de ser recoñecidos polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co Selo de Vida Saudable polo seu traballo no fomento da aprendizaxe da saúde no eido educativo.

Os centros galegos que acadan este distintivo son o CPR Plurilingüe Santa María del Mar (A Coruña), o CEIP Plurilingüe O Ramo (Fene), o CPR Jorge Juan (Narón), o CPR Plurilingüe San José de Cluny (Santiago de Compostela), o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria), o CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción (Sarria) e o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova).

Este distintivo de calidade é un recoñecemento á asunción por parte dos centros das prácticas e hábitos de vida saudable, así como dunha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado.

Poden acceder a este recoñecemento os centros sostidos con fondos públicos que asuman un compromiso firme e inequívoco co desenvolvemento e mellora da calidade educativa e a saúde e que presenten a correspondente memoria que describa o cumprimento dos requisitos indicados na convocatoria en relación co fomento dos hábitos saudables.

Información xeral [2]
Ensinanzas de réxime xeral [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]
Entidades nacionais [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28541

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28541
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/405
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros