Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Educación convoca as axudas ás escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Educación convoca as axudas ás escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro [1]

A convocatoria destínase este ano a asociacións ou fundacións, mentres que os Concellos poderán solicitar apoio a través do fondo de cooperación local

Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro [2], ás que se destina un orzamento de 165.000 euros. Este ano a convocatoria céntrase nas asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado anexo I (ED314D), dispoñible na sede electrónica da Xunta [3] de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 [4]. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O obxectivo destas axudas é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte das entidades sen ánimo de lucro que teñen entre os seus fins a formación musical. Cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.

Estas escolas, que contan cunha crecente demanda, abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto.

Bolsas [5]
Ensinanzas de música [6]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [7]
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente [8]
Centros [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28518

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28518
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190805/AnuncioG0534-240719-0003_gl.html
[3] https://sede.xunta.gal/
[4] https://sede.xunta.gal/chave365
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/238
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/41
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros