Composición das vogalías que xulgarán os procesos selectivos no concurso-oposición ao corpo de PES, PT, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019 [1]
Enviado por administrador a Mér, 22/05/2019 - 13:40De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan estes procedementos selectivos (DOG do 8 de marzo), realizouse o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos.
Xúntase o resultado do sorteo público dos/as vogais que tivo lugar o día 22 de maio de 2019, ás 9.00 horas na Sala B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Santiago de Compostela.
O tribunal número 1 de Lingua castelá e literatura examinará tamén da proba de acreditación de coñecemento de castelán, establecida na base oitava da orde de convocatoria (identificado na lista como Tribunal núm. 7 especial)
Os tribunais números 1 e 2 de Lingua galega e literatura examinarán tamén da proba de acreditación do coñecemento do galego, establecida na base novena da orde de convocatoria (identificados na lista como Tribunal núm. 6 especial e Tribunal núm. 7 especial)