Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Carmen Pomar visita A Estrada para coñecer as comunidades escolares do CEIP Villar Paramá e o IES Losada Diéguez

Carmen Pomar visita A Estrada para coñecer as comunidades escolares do CEIP Villar Paramá e o IES Losada Diéguez [1]

Gallego
Carmen Pomar visita A Estrada para coñecer as comunidades escolares do CEIP Villar Paramá e o IES Losada Diéguez

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, desprazouse esta mañá á Estrada para visitar o CEIP Manuel Villar Paramá e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, onde puido entrevistarse con ambas comunidades escolares.

Acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a conselleira Carmen Pomar visitou en primeiro lugar o CEIP Manuel Villar Paramá, un centro de preto dun cento de alumnos no que teñen integrada a fotografía como un instrumento didáctico vinculado tamén á reciclaxe, ao medio ambiente e ao consumo responsable.

Posteriormente a conselleira trasladouse ao IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que ten incorporada unha serie de programas educativos, como é o caso do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), os Contratos-Programa (nas liñas de PROA, mellora da convivencia e promoción da igualdade, mellora de coñecementos para acadar a excelencia e reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica), e o Plan Proxecta (cos proxectos Clases sen fume e Quérote+).

Ademais pertence á rede de centros E-dixgal, de libro dixital (no que conta con dúas liñas específicas de formación do profesorado e utilización de ferramentas TIC); e desde o presente curso forma parte da rede de centros plurilingües, coa implantación do plurilingüismo en 1º de ESO, e tamén con seccións bilingües en Tecnoloxía (2º e 3º de ESO) e Filosofía (1º de Bacharelato).

Na súa visita, a conselleira puido coñecer de cerca a implantación deste programas nun instituto que tamén se caracteriza por unha longa tradición en programas internacionais  tanto destinados a profesorado como a alumnado, como o Erasmus Charter for Higher Education 2014/20 (con diferentes proxectos orientados á mobilidade de estudantes de FP para prácticas laborais e de intercambio de boas prácticas docentes), e no Erasmus+.

Xestión de centros educativos [2]
Ensinanzas de réxime xeral [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]
Profesorado [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27234

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27234
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/120
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros