Educación porá en marcha este ano un programa de incorporación ao SUG de investigadores posdoutorais [1]
A conselleira anunciouno hoxe no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira
Será unha das liñas de acción do Plan de captación e retención de talento investigador
Neste primeiro ano prevese un investimento de 3 millóns de euros para esta acción

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar anunciou hoxe que o seu departamento ten previsto poñer en marcha este mesmo ano un programa de incorporación de recursos humanos posdoutorais aos centros e unidades de I+D do Sistema Universitario de Galicia (SUG), unha acción que forma parte do Plan de captación e retención de talento investigador que está a preparar a Xunta de Galicia.
No marco do acto de entrega dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos no ano 2017 nas universidades do SUG, a titular do departamento educativo da Xunta explicou que esta actuación vai permitir “promover a mellora das capacidades de investigación e o fortalecemento dos grupos mediante a atracción e promoción de persoal”. “Un paso máis para acadar a excelencia que consiste, tamén en compartir e poñer o talento a disposición para lograr un mundo mellor”, salientou.
Esta primeira acción do Plan de captación e retención de talento investigador dividirase en dúas modalidades. A primeira delas dirixirase a persoal que non estivese contratado nunha universidade ou institución científica galega nos últimos 24 meses, mentres que a segunda irá destinada ao persoal investigador que si traballou nunha universidade do SUG ou institución científica galega no último ano. Tanto na modalidade A como na B será necesario que a persoa candidata teña o grao de doutor cunha experiencia posdoutoral de, polo menos, 24 meses en institucións científicas de recoñecido prestixio de fóra de Galicia.
A incorporación dos investigadores seleccionados realizarase baixo a figura contractual de Investigador Distinguido e a selección realizaraa unha comisión de expertos científicos alleos ao SUG e nomeada ao efecto pola Consellería. En calquera caso, no deseño desta convocatoria, coordinarase coas universidades galegas as áreas prioritarias de investigación e os centros nos que precisen a captación e retención deste persoal.
Nesta primeira convocatoria o número máximo de axudas será de 15 e a duración mínima dos contratos será de 4 anos cun custe estimado de 50.000 euros ao ano, polo que se prevé un investimento total de arredor de 3 millóns de euros.
A segunda acción do Plan de captación e retención de talento investigador centrarase na figura de investigador Sénior e neste momento estase a traballar na súa definición.
Galardóns
Respecto dos premiados, a conselleira felicitounos, así como a familias e profesorado, por este logro e convidou os galardoados a compartir “ese talento, intelixencia, bondade, solidariedade, coñecementos e os valores que fixestes vosos”, porque “o valor da excelencia non está unicamente na obtención dos bos resultados académicos”.
Hoxe recoñeceuse o traballo de 68 egresadas e egresados. Por universidades, a que máis galardoados conta é a de Santiago de Compostela, con 30, seguida da de Vigo (27) e da da Coruña (11). No referido ás titulacións que tiveron máis dun estudante galardoado foron, con tres premios cada unha, Enfermaría, Medicina, Dereito, Educación Infantil e Educación Primaria; e, con dous premios cada unha, Administración e Dirección de Empresas e Relacións Laborais e Recursos Humanos. Cabe salientar que se concede por primeira vez este recoñecemento a dúas persoas que cursaron unha simultaneidade de graos na opción pola que optaron, en concreto en Dereito e Administración de Empresas (na opción de Dereito) e en Turismo e Ciencias Empresariais (opción de Turismo).
Do total de galardoados 46 son mulleres e 22 homes. En canto ás puntuacións, a mellor nota foi a dunha titulada en Matemáticas na USC, Erika Díaz Pita, seguida de Alipio Santiago Dacosta (Filosofía na USC) e de Yosua Martínez Rodríguez (Dereito na UDC).
Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer o traballo, esforzo e excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das universidades galegas. Así, ademais do premio económico de 3.000 euros, os galardoados recibiron un diploma acreditativo desta distinción, o que supón un importante recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.
Os premiados, por universidades, son os seguintes:
Universidade de Santiago de Compostela
Persoa premiada |
Titulación |
Adrián Vázquez Parcero |
Administración e Dirección de Empresas |
Daniel Regueiro Varela |
Ciencia Política e da Administración |
Pedro Blanco Gutiérrez |
Comunicación Audiovisual |
Noelia Vila Seijas |
Enxeñaría Civil |
Eloy Pérez González |
Enxeñaría informática |
Leticia Vázquez Bengoechea |
Enxeñaría Química |
Iria Varela Rey |
Farmacia |
Alipio Santiago Dacosta |
Filosofía |
David Peinador Veiga |
Física |
Abel Lorenzo Rodríguez |
Historia |
María Dolores Fontán Amoedo |
Historia da Arte |
Antía Tacón García |
Lingua e Literatura Españolas |
Alba María Rodríguez Díaz |
Lingua e Literatura Galegas |
Beatriz Gómez Vidal |
Lingua e Literatura Inglesas |
Elena Veiga Rilo |
Lingua e Literatura Modernas |
Érika Diz Pita |
Matemáticas |
Lucía Rodríguez Rodríguez |
Medicina |
Rocío Mato Bua |
Medicina |
Carmen Antía Rodríguez Fernández |
Medicina |
Lorena Sanín Sánchez |
Mestre de Educación Infantil |
Elisa I. Iglesias Framil |
Mestre de Educación Infantil |
Jesús Somoza Fernández |
Mestre de Educación Primaria |
Ana María Rubinos da Silva |
Odontoloxía |
Vanesa Mesías Vilas |
Pedagoxía |
Carolina Sanmartino Arias |
Psicoloxía |
Alicia Riobóo Vidal |
Química |
María Laura Copa Novo |
Relacións Laborais e Recursos Humanos |
María Catuxa Criado Herrero |
Veterinaria |
Alejandro Otero Varela |
Xeografía e Ordenación do Territorio |
Borja Melchor Fernández |
Xornalismo |
Universidade da Coruña
Persoa premiada |
Titulación |
Naomí Diz Rosales |
Bioloxía |
Raúl Sar García |
Ciencias Empresariais |
Yosua Martínez Rodríguez |
Dereito |
Humberto Armand Teijeiro Jiménez |
Dereito |
Jéssica Seco Franco |
Enfermaría |
Adrián Herrero Filgueira |
Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto |
Lucía Picón Pazos |
Logopedia |
Rocío Carton Martínez |
Podoloxía |
Ángela Estefani Tarrío Maneiro |
Socioloxía |
Marta Freire Vázquez |
Terapia Ocupacional |
Diana María Agra Varela |
Turismo |
Universidade de Vigo
Persoa premiada |
Titulación |
Estefanía Hermida Hermida |
Administración e Dirección de Empresas |
Sara Martínez Pérez |
Belas Artes |
Patricia Soutullo Novelle |
Ciencias Ambientais |
Anxo Pena Pérez |
Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Nerea Leyenda Barreiro |
Comercio |
Talia Iglesias Limia |
Dereito |
Marta García Rodríguez |
Economía |
Cristina Fernández da Vila |
Educación Infantil |
Erroz Uribarri Landa |
Educación Primaria |
MªJulia Arias Rodríguez |
Educación Primaria |
Selene Casal Álvarez |
Educación Social |
Miriam Estévez Vázquez |
Enfermaría |
María Amosa Serto |
Enfermaría |
Laura Meno Fariñas |
Enxeñaría Agraria |
José López Miralles |
Enxeñaría da Enerxía |
Guillermo Rodríguez Lage |
Enxeñaría de Tecnoloxías da Comunicación |
Carlota Sánchez Alonso |
Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos |
Daniel Cajigal Faginas |
Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática |
Javier Vivanco Vázquez |
Enxeñaría en Organización Industrial |
Pablo Malvido Fresnillo |
Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
Marta Fernández Álvarez |
Enxeñaría Forestal |
Manuel Casal Guisande |
Enxeñaría Mecánica |
Pablo Campo Prieto |
Fisioterapia |
Lidia Dosil Tajes |
Publicidade e Relacións Públicas |
Karina Blanco Bugallo |
Relacións Laborais e Recursos Humanos |
Laura Alonso González |
Traballo Social |
María Rico Vázquez |
Tradución e Interpretación |