Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Educación convoca probas para a obtención do graduado en secundaria

A Consellería de Educación convoca probas para a obtención do graduado en secundaria [1]

O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 22 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro

Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia [2] a resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro de 2019. Poderán participar nestas probas as persoas maiores da devandita idade e que non estean en posesión do título correspondente nin matriculadas no curso 2018/19 en ensinanzas conducentes a obtelo.

O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 22 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro. As probas realizaranse o 24 de maio e o  6 de setembro.

O contido do exame estruturarase en  tres ámbitos: Ámbito Científico-tecnolóxico, Ámbito Social e Ámbito Comunicación. No primeiro deles incluiranse os exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. A proba do Ámbito Social inclúe os contidos relacionados coas materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música. Finalmente, o Ámbito de Comunicación comprende os exercicios de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

O obxectivo destas probas é facilitar a obtención dun título oficial ás persoas que non seguiron ensinanzas reguladas ou non o obtiveron no seu momento. Neste sentido, ademais a Consellería oferta, no réxime de educación para adultos, ensinanzas equivalentes ao título de graduado en ESO e ten á disposición da cidadanía no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos [3] ) para a súa descarga gratuíta as unidades didácticas precisas para o seu estudo.

Escolarización [4]
Ensinanzas de educación secundaria [5]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [6]
Educación de persoas adultas [7]
Alumnado [8]
Familias [9]
Centros [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26870

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26870
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0534-160119-0002_gl.html
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/227
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/215
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/42
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros