O conselleiro de Educación asiste á entrega dos premios de relato curto de Coca-Cola en galego, en Santiago de Compostela [1]
A participación estivo aberta a estudantes de segundo curso de ESO de toda Galicia
Os gañadores realizaran unha viaxe literaria por Roma e Florencia durante o vindeiro mes de xuño

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe a entrega de premios de Relato Curto de Coca- Cola en galego, dirixida a estudantes galegos de 2º da ESO.
Este ano a convocatoria, que chega a terceira edición en galego, ten como gañador autonómica a Ahinoa Conde Castro, do IES Agra de Raíces de CEE, que recibiu como premio unha viaxe literaria a Roma e Florencia no vindeiro mes de xuño. En total participaron 80 centros e máis de catro mil estudantes, dos que foron seleccionados 338 para as probas de abril, e resultaron premiados 36.
Durante a súa intervención o conselleiro felicitou tanto aos participantes, como aos premiados e organizadores e destacou que “todas e todos capaces de artellar historias, de crear, partindo da imaxinación e da observación do contorno, outras realidades”, e recordou que “unha lingua literaria desde fai case novecentos anos que deu e dá ao mundo grandes escritoras e escritores”.
A organización do concurso
Cómpre recordar que nesta edición as probas foron realizadas nos respectivos centros escolares das catro provincias no mes de abril. Durante a realización das mesmas os profesores recibiron materiais didácticos, e para a realización de actividades, así como propostas de lecturas para que os estudantes participantes puideran preparar o relato curto que posteriormente presentaron.
Non se pode esquecer que literatura galega ten grandes escritores e a través de convocatorias como a presente dáse a posibilidade de fomentar o xurdir de novos creadores literarios.
O vindeiro 3 de xuño entregáranse en Ferrol os premios relativos a 51º edición dos premios Relato Curto de Coca- Cola en castelán, no que resultaron premiados 42 estudantes dos máis de sete mil que participaron.