Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > 4. Ocupación e uso do espazo público

4. Ocupación e uso do espazo público [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Mér, 05/10/2016 - 10:11

4.1. USO DA PALABRA

No ámbito da comunicación é importante traballar a distribución dos tempos de uso da palabra e o exercicio da comunicación non-violenta. O autor clásico no que se basea a teoría da comunicación non-violenta é o psicólogo Marshall Rosenberg. A comunicación non-violenta considérase unha estratexia de primeira magnitude para lograr a resolución pacífica de conflitos entre homes e mulleres. A aplicación da perspectiva de xénero nos aspectos relacionados coa comunicación favorecerán a implantación de fórmulas que aposten pola empatía e a resolución dialogada dos conflitos co fin de conseguir unha mellor convivencia.

PUBLICACIÓNS

  • Marshall Rosenberg (2006). Comunicación no violenta: un lenguaje de vida. Ed. Gran Aldea Editores.
  • Noemí Basanta Llanes (2015): "Igualdade de xénero e didáctica das linguas. Aproximación ás tarefas comunicativas desde a lingüística sociodiscursiva [2]". Revista Galega de Filoloxía, 16, 11-4.
  • Revista Comunicación y Género [3]. Descargable na rede.

VÍDEOS

  • Vídeos do encontro As mulleres que opinan son perigosas [4] (2 e 3 de marzo de 2017). Encontro de debate con mulleres xornalistas que exercen a súa profesión como columnistas nun contexto fortemente masculinizado. Organiza: Escola de Igualdade María Vinyals / Deputación de Pontevedra.

 

4.2. XESTIÓN DO PATIO DE XOGO E DOUTROS ESPAZOS COMÚNS

Unha boa parte dos esforzos en coeducación céntranse en reconsiderar o usos tradicionais dos espazos comúns dos centros desde unha perspectiva de xénero. Na actualidade realízanse desde os centros numerosas iniciativas para conseguir patios máis dinámicos que poderían incorporar a perspectiva de xénero para conseguir que ademais de dinámicos sexan espazos igualitarios onde nenos e nenas poidan facer un uso equilibrado dos espazos:

Pódese consultar unha listaxe completa dos recursos máis interesantes nesta ligazón. [5]

 

4.3. COIDADO DOS ESPAZOS

4.4. XOGO, XOGUETE E VIDEOXOGO NON SEXISTAS; XOGO SIMBÓLICO

4.5. ACTIVIDADE DEPORTIVA

Gallego

Tema: 

Igualdade [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26112

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26112
[2] http://dx.doi.org/10.17979/rgf.2015.16.0.1377
[3] https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=26378
[4] https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/foro-as-mulleres-que-opinan-son-perigosas
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30578
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade