Adxudicación provisional de destinos provisionais entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ...,para o curso 2018/2019 [1]
Enviado por administrador a Mar, 31/07/2018 - 20:21Resolución do 31 de xullo de 2018 pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
- De conformidade co disposto no punto cuarto da Resolución do 18 de xuño de 2018, o prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é o comprendido entre o día seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal [2] e o 3 de setembro de 2018.