Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2018/19 [1]
Enviado por administrador a Ven, 27/07/2018 - 15:22De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 18 de xuño de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia n.º 121, do 26 de xuño), publícanse a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2018/19.
O prazo para fomular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 30 e o 31 de xullo, ambos incluídos.As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]). De formular a reclamación ou a renuncia presencialmente, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.