Corrección de erros da listaxe provisional de admitidos e excluídos modalidade A das axudas á etapa de formación posdoutoral no SUG, nos organismos de investigación de Galicia e do Sistema de I+D+i para o ano 2018 [1]
Enviado por administrador a Xov, 12/07/2018 - 12:51
Gallego
Na listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente da modalidade A das axudas de apoio á etapa posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, publicada o día 10 de xullo de 2018, foi detectada unha omisión que se emenda na seguinte lista provisional.
- O prazo para formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das solicitudes presentadas polas universidades do SUG, ou ante a dirección da GAIN nos demais casos, e achegar a documentación oportuna é do 13 de xullo ao 23 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
Bolsas [3]
Universidade [4]
Alumnado [7]