O conselleiro de Eucación asiste á entrega de galardóns da XVI Edición dos premios San Clemente, en Santiago [1]
O xurado deste ano estivo conformado por estudantes dos IES Rosalía de Castro, de Santiago; o Xulián Magariños, de Negreira; O Castro, de Vigo; o Perdouro, de Burela e o de Allariz, en Ourense

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou esta tarde á entrega de galardóns da XVI edición do premios literarios Arzobispo Juan de San Clemente, celebrada no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que “son xa dezaseis as edicións deste galardón que, ano tras ano, e coa imprescindible colaboración dun xurado de rapazas e rapaces lectores, consigue traer a Compostela a reputadas figuras da literatura nacional e internacional”.
O xurado
Cómpre destacar que este recoñecemento caracterizase por estar outorgado por un xurado composto unicamente por estudantes, que nesta edición pertencen ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o Xulián Magariños, de Negreira; O Castro de Vigo; o Perdouro de Burela e o de Allariz, en Ourense. E sobre este punto Vázquez Abad sinalou que “para estas rapazas e rapaces non valen a sona nin o éxito mediático. Só vale o que é capaz de emocionalos e facelos soñar. O libro que os leva máis lonxe noutros mundos, o libro co que constrúen un territorio propio, unha realidade sen fronteiras”.
Así este ano os premiados resultaron a viguesa An Alfaya, coa súa novela en galego “Arequente”. Na categoría en castelán o gañador foi o colombiano William Ospina, en “El país da canela”; mentres que en lingua estranxeira o gañador foi o italiano Erri de Luca ca novela “El día antes de la felicidade”.