Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Educación e Paideia colaboran na posta en marcha dun novo laboratorio de idiomas

A Consellería de Educación e Paideia colaboran na posta en marcha dun novo laboratorio de idiomas [1]

O director xeral de Centros e Recurso Humanos e o vicepresidente da Fundación visitaron a aula no CEIP San Pedro de Visma

Gallego
A Consellería de Educación e Paideia colaboran na posta en marcha dun novo laboratorio de idiomas
A Consellería de Educación e Paideia colaboran na posta en marcha dun novo laboratorio de idiomas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paideia veñen de poñer en marcha un novo laboratorio de idiomas, desta vez no coruñés CEIP San Pedro de Visma. En concreto, a Consellería achegou os equipos informáticos deste espazo, enfocado fundamentalmente ao ensino de linguas estranxeiras, pero que tamén pode ser empregada para o traballo noutras materias.

A nova aula multimedia foi inaugurada esta mañá polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e polo vicepresidente da Fundación Paideia, Guillermo Vergara. O director xeral amosou a súa satisfacción pola estreita colaboración entre a fundación coruñesa e a Consellería. Non en balde, só neste eido e froito da cooperación entre ambas entidades, téñense instalado dez aulas multimedia de idiomas, nomeadamente na Escola Oficial de Idiomas da Coruña e nos CEIP San Francisco Javier (A Coruña), Sal Lence (A Coruña), Manuel Murguía (A Coruña), Ramón de Artaza y Malvárez (Muros), Raquel Camacho (A Coruña), A. Rodríguez Cadarso (Noia), Labaca (A Coruña), Monforte (Monforte de Lemos) e neste CEIP San Pedro de Visma.

Convenio entidade [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Entidades autonómicas [6]
Centros [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/25021

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/25021
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/718
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/404
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros