O 20º aniversario do pasamento de Antonio Fraguas Fraguas tamén se celebra no ensino [1]
Gallego

Os actos de celebración do 20º aniversario do pasamento de Antonio Fraguas Fraguas, promovidos polo Concello de Cerdedo-Cotobade coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación que leva o nome do persoeiro galego, fanse extensivos ao ámbito educativo.
O concello natalicio do autor acolleu hoxe, no CEIP Plurilingüe de Carballedo, a presentación dunha unidade didáctica dedicada a Antonio Fraguas, nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Lingua galega [2]