O conselleiro de Educación participa no CIMUS nun relatorio sobre xestión da investigación a cargo da secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela [1]

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, foi o encargado de presentar esta tarde á secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, Carmen Vela, que participou nunha mesa informativa sobre a xestión e a financiación da I+D; na que tamén interveu a directora da Axencia Estatal de Investigación, Marina Villegas.
A sesión informativa tivo lugar no Centro de Investigación de Medicina Molecular (CIMUS) da USC, un centro tecnolóxico “de referencia e de excelencia científica en Galicia”, en palabras do conselleiro.