Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Premio dos Clubs de Lectura 2018, do ámbito educativo, para o poeta Carlos Negro

Premio dos Clubs de Lectura 2018, do ámbito educativo, para o poeta Carlos Negro [1]

Enviado por administrador a Mér, 18/04/2018 - 11:52
Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 18 de abril de 2018, polo que se fai pública a concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2018, co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor o vindeiro 23 de abril. A través deste galardón quérese recoñecer o labor das autoras e autores galegos que facilitan, cos seus libros, o labor de mediación na creación de hábitos de lectura e que son quen de concitar o interese dos lectores e lectoras participantes na experiencia dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.

O premio seralle entregado ao profesor e escritor Carlos Negro no transcurso da XI Xornada dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), o 1 de xuño e que reunirá ao profesorado que coordina os clubs de lectura integrados nesta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con convocatoriais anuais desde o curso 2007-2008.

File: 

PDF icon Resolución do 18 de abril de 2018: Concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2018 [2]
Hora de ler [3]
Plan LÍA [4]
Bibliotecas escolares [5]
Ensinanzas de réxime xeral [6]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [7]
Subdirección Xeral de Centros [8]
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo [9]
Profesorado [10]
Alumnado [11]
Centros [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/24735

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/24735
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_premio_clubs_lectura18.pdf
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/239
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/424
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/126
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/54
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/56
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros