Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Educación cumpre co mandato parlamentario de ofertar Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para o conxunto do alumnado

Educación cumpre co mandato parlamentario de ofertar Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para o conxunto do alumnado [1]

A Consellería publica o borrador da Orde que establece a obrigatoriedade de todos os centros de ofertar esta materia para todas as modalidades de Bacharelato

Terá que cursala, en todo caso, o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no seu web o borrador de Orde na que se establece a obrigatoriedade de todos os centros escolares de ofertar a materia de Historia da Filosofía para o conxunto do alumnado que cursa 2º de Bacharelato.

Tal como se establece no texto (que pode consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cceou_orde_filosofia_galego_1.pdf [2]), os centros ofertarán obrigatoriamente a materia de Historia da Filosofía, dentro do grupo de materias específicas, para as modalidades de Ciencias e de Artes, e será de libre elección para o alumnado das ditas modalidades. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais será de obrigada matrícula como materia troncal.

É dicir, que a materia de Historia da Filosofía seguirá a impartirse en 2º de bacharelato como troncal de opción e será obrigatoria (4 horas semanais) para o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. Mentres  que para o alumnado que curse outras modalidades de bacharelato, os centros educativos teranlles que ofertar de xeito obrigatorio esta materia para que podan escollela como específica.

A través da dita Orde -que agora está en fase de alegacións e que entrará en vigor trala súa publicación no DOG- dáse cumprimento ao mandato parlamentario sobre a materia de Historia da Filosofía para 2º de Bacharelato para o vindeiro curso 2018/19. No que respecta a 1º curso de Bacharelato, non se producen cambios, xa que neste sigue a ser troncal obrigatoria, con 3 horas semanais.

Esta adaptación enmárcase dentro das competencias que ten a Consellería nesta materia, xa que, cómpre lembrar que a natureza desta materia non se pode mudar xa que está establecida nunha normativa básica.

Normativa en tramitación [3]
Bacharelato [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Profesorado [6]
Alumnado [7]
Familias [8]
Centros [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/24483

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/24483
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/cceou_orde_filosofia_galego_1.pdf
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1760
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros