Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Seis mozas e mozos acadan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais do curso 2016/17

Seis mozas e mozos acadan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais do curso 2016/17 [1]

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concede estes galardóns en recoñecemento ao alumnado do sistema educativo galego que cursa as modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño correspondentes ao curso 2016/17. Con estes galardóns, o departamento educativo da Xunta de Galicia recoñece a excelencia educativa de seis alumnos, tres na modalidade de Música, un na de Danza e dous na de Artes Plásticas e Deseño.

En concreto, os premiados do curso pasado son cinco mozas e un mozo. Na modalidade de Música resultaron galardoadas Marta Rodríguez Otero, do CMUS Profesional Xoán Montes de Lugo; Laura Morales Rejas, do CMUS Profesional de Vigo; e Marina Hermida Rodríguez, do CMUS Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra. Pola súa banda, na modalidade de Danza, a alumna recoñecida foi Alejandra Vázquez Barreiro, do CDAN Conservatorio Profesional de Danza da Coruña. En canto á última modalidade, os premiados foron María Teresa Fernández Vázquez, do Centro de Artes e Deseño AULA D de Vigo; e Diego Vidal Míguez, da EASD Meste Mateo de Santiago de Compostela. Os detalles da resolución poden consultarse no seguinte enderezo web: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180104/AnuncioG0164-211217-0006_gl.html [2].

O premio consiste nunha achega económica de 850 euros para cada un dos galardoados, así como na entrega dun diploma acreditativo. Ademais, o secretario do centro público onde estea depositado o expediente académico do alumno anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan. Por outra banda, os galardoados poderán concorrer ao correspondente premio nacional.

A concesión dos ditos premios supón un recoñecemento ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha destas ensinanzas artísticas profesionais. De feito, para concorrer a estes galardóns era necesario ter unha cualificación final media igual ou superior a 8,75 puntos nos dous últimos cursos.

Premios autonómicos [3]
Ensinanzas de danza [4]
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño [5]
Ensinanzas de música [6]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [7]
Alumnado [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23960

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23960
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180104/AnuncioG0164-211217-0006_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/360
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/381
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado