Centros escolares sen clase este luns 16 de outubro por mor dos incendios forestais [1]
Enviado por administrador a Lun, 16/10/2017 - 00:01A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro (haberá nova actualización de información cando haxa novidades).
Concello de Baiona
- IES Primeiro de Marzo
- CPI de Cova Terreña
- CEIP Fontes Baíña
- CEP de Belesar
Concello de Vigo
- CEIP de Sobreira-Valadares
- IES Valadares
Concello de Pazos de Borbén
- CPI Curros Enríquez
Concello das Neves
- CEIP Marquesa do Pazo da Mercé
- IES Pazo da Mercé
Concello de Gondomar
- CEIP Serra-Vincios