Admisión a ciclos formativos: listaxe provisional de solicitantes. Convocatoria extraordinaria 2017 [1]
Enviado por administrador a Mér, 13/09/2017 - 09:10
Gallego
Publicación das listaxes provisionais de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o mércores 13 de setembro ata as 13:00 horas do venres 15 de setembro de 2017.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.
Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.
- Máis información [2]
Escolarización [3]