Listaxes de persoas opositoras que deberán realizar a proba de acreditación do coñocemento de lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de PES. PT de FP, música e artes escénicas, mestres e ... [1]
Enviado por administrador a Xov, 15/06/2017 - 15:12Para darlle cumprimento ao disposto na base novena da Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia,
Publícase
Relación de persoas aspirantes do corpo de Mestres que deberán realizar a proba do coñecemento de Lingua Galega o día 16 de xuño de 2017, ás 17:00 h., no IES As Fontiñas, rúa Estocolmo, núm. 5 en Santiago de Compostela, ante o Tribunal nº 1 publicado no portal educativo.
Relación de persoas aspirantes do corpo de profesores de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional, que deberán realizar a proba do coñecemento de Lingua Galega o día 16 de xuño de 2017, ás 17:00 h., no IES As Fontiñas, rúa Estocolmo, núm. 5 en Santiago de Compostela, ante o Tribunal nº 2 publicado no portal educativo.