Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo [1]

Enviado por administrador a Xov, 18/05/2017 - 08:45
Gallego

Xúntase a Orde do 3 de maio de 2017 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

  • O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2016-marzo 2017 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2017. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2017. O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2017, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2017 acollerase á seguinte convocatoria de axudas

File: 

PDF icon Orde do 3 de maio de 2017 (DOG) [2]
PDF icon Extracto da Orde do 3 de maio de 2017 (DOG) [3]
PDF icon Orde do 4 de outubro de 2017: Resolución das axudas (DOG) [4]
PDF icon Orde do 21 de decembro de 2017: Resolución das axudas (DOG) [5]
Bolsas [6]
Formación Profesional inicial [7]
Servizo de Orientación e Innovación Profesional [8]
Alumnado [9]
Centros [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22159

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22159
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170518_axudas_fct.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170518_axudas_fct_extracto.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20171018_resolucion_fct.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180122_resolucion_axudas.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/238
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/85
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/39
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros